uranilo

uranilo

(

s m [QUÍM]

Oxocatión derivado do uranio. Coñécense dous: o uranilo (VI) UO2+2, estable, e que existe en numerosos sales, e o uranilo (V) UO+2, pouco estable. En solución acuosa, o uranilo (VI) atópase fundamentalmente hidrolizado, e orixina reacción ácida, mentres que o uranilo (V) se desproporciona con facilidade en U4+ e UO2+2.

Palabras veciñas

uránico -ca | uránido -da | uranífero -ra | uranilo | uranina | uraninita | uranio