Urano
Sétimo planeta do sistema solar atendendo á súa proximidade ao Sol. É un planeta superior. A causa do seu escaso brillo, non foi descuberto ata que en marzo de 1781 William Herschel o observou cun telescopio de 16 cm de diámetro. Cando está en oposición ten un diámetro angular aparente duns 4’’ e unha magnitude aparente de 6. No telescopio aparece cun pequeno disco verdoso. O seu período sideral é de 84 anos. O período de rotación é de 15,5 h, e esta rotación é retrógrada. A grande inclinación do ecuador de Urano fai que cada 42 anos o eixe de rotación sexa dirixido aproximadamente na dirección da órbita. Ten un diámetro duns 52.300 km, unha masa dunhas 14,5 veces a masa terrestre e unha densidade media de d,1,19. Ten unha estrutura cun núcleo a alta temperatura (,7000°C) e presión (20×106 atm), envolto por un núcleo rochoso, composto de silicatos e ferro, que ten 16.000 km de diámetro. Este núcleo é o responsable do campo magnético de Urano, relativamente intenso. Despois deste núcleo rochoso hai unha capa de xeo (de auga, metano e amoníaco) duns 8.000 km de grosor e finalmente, a envoltura gasosa, constituída de hidróxeno e helio, duns 10.000 km de groso, que constitúe a atmosfera. O seu coñecemento mellorou grazas á información transmitida pola sonda Voyager-2, que pasou preto en xaneiro de 1986. Ten cinco satélites en órbita regular (Miranda, Ariel, Umbrel, Titania e Oberón), dez satélites menores (todos dunha órbita inferior á de Miranda), un sistema de once aneis estreitos (nove deles descubertos en 1977 e os outros dous polo Voyager-2), un sistema de arcos de anel incompletos e un centenar de bandas de polos.