uretra

uretra

(

s f [ANAT]

Conduto membranoso por onde os ouriños acumulados na vexiga son expelidos pola contracción vesical. Esténdese do colo da vexiga á abertura do meato. No home dá paso tamén ao esperma e é, xa que logo, un canal exaculador e reitor da urina ao mesmo tempo. Na muller ten uns 4 cm de lonxitude e é de traxecto recto, e no home mide uns 16 cm, presenta unha dobre curvatura e consta das partes prostática (na que se abren os condutos exaculadores e prostáticos), membranosa (entre a próstata e o corpo cavernoso) e esponxosa (situada no suco inferior dos corpos cavernosos do pene).