urim e tummim
urim e tummim
(< voz hebrea)
[RELIX]
Nomes que reciben os dous instrumentos cos que os sacerdotes hebreos transmitían o oráculo de Iavé, no Antigo Testamento. Probablemente eran pedras ou croios da mesma forma e cor diferente, que significaban, unha si e a outra, non.