uropéltido -da
uropéltido -da
-
adx
Relativo ou pertencente aos uropéltidos.
-
s
m
[ANIMAL]
Réptil da familia dos uropéltidos.
-
s
m pl
[ANIMAL]
Familia de réptiles escamosos, da suborde dos ofidios, de lonxitude inferior a 60 cm, caracterizados por teren a cabeza pequena e non diferenciada do colo, os ollos moi pequenos, coa pupila circular, o tronco cilíndrico, reboludo e pouco flexible e o rabo moi curto, que utilizan para perforar o solo e obstruír a entrada da gorida. Ovovivíparos, aliméntanse de miñocas e insectos. Son endémicos de India e Sri Lanka, en montañas boscosas entre 1.000 e 2.000 m de altura.