Ust’-Orda, Buriato de
Ust’-Orda, Buriato de
Okrug autónomo da oblast’ de Irkutsk, Rusia (22.400 km2; 143.800 h [estim 1999]). A súa capital é Ust’-Ordynskij (10.693 h [1970]). Está atravesado polo río Angara e destaca na súa economía a extracción de carbón e de xiz, o cultivo de cereais e a gandaría bovina e ovina.