utilidade
(
-
s
f
Calidade de útil.
-
s
f
Beneficio que se pode tirar dunha cousa.
-
s
f
[ECON]
Calidade dos bens económicos que os fai susceptibles, en certo grao, de satisfacer necesidades individuais. Considerada como atributo común de todas as mercadorías por Jevons, Walras e Menger, percibírona como base para determinar as relacións de cambio. Ao asociar o valor dunha mercadoría coa súa utilidade estableceuse a subxectividade desa utilidade, que depende de cada escala individual de necesidades e do mecanismo económico que rexe os intercambios. No caso da economía capitalista, por exemplo, os bens de produción e a forza de traballo non son adquiridos para satisfacer necesidades, senón para producir outros bens e obter uns beneficios derivados desta produción. Por iso, a estes bens non se lles pode atribuír unha utilidade directa para satisfacer necesidades.
-
s
f
[ECON]
Satisfacción que para un individuo representa o consumo dunha cantidade adicional dun produto. A utilidade marxinal tornarase decrecente a medida que se vaian consumindo unidades adicionais dese produto.
Refráns
- A áncora non sabe nadar e sempre anda na auga.
- Algo ten a merda cando esterca a terra.
- Andar ao proveito e non ao contento, gáñase contento e proveito.
- Boas son as mangas, anque sexan despois das Pascuas.
- Cada árbore dá o seu froito.
- Cada cousa é para o que é.
- Cinco dedos nunha man ás veces fan proveito e ás veces non o fan.
- Cousa que mal non pode facer, algún ben pode traer.
- Máis vale a besta que carrexa, cá besta que espoldrexa.
- Non hai nada tan malo, que non sirva para algo bo.
- Salardeiro fai da palla diñeiro.
- Se para ti es malo, ¿para quen serás bo?