Uvegá Teatro

Uvegá Teatro

Compañía teatral fundada en 1987 por Vicente Montoto. A súa primeira representación foi Cochos (1987), de R. Vidal Bolaño. Dos seus espectáculos destacan Tríngulin Trángala (1988), Cea para dous (1990), Copenhague (1995), Volve o Cabaré, (1992), Zocos (1998), A señorita Xulia (2000), O retrato de Dorian Grai (2001), Mulleres (2002, Premio María Casares á mellor actriz principal) e Pallasos (2004), ademais dos recitais poéticos A elas e a Cunqueiro (1991) e Lorenzo varela, irmán, compañeiro, camarada (2005).

Palabras veciñas

uvarovita | uve | úvea | Uvegá Teatro | uveira | uveíte | UVI