Unión Socialista Gallega

Unión Socialista Gallega
Nome científico: [USG]

Agrupación política xurdida en 1932 en Santiago de Compostela ao redor de Xoán Xesús González (secretario xeral), Anxo Valcárcel (secretario de organización) e Ramón Güimil (presidente), a partir da escisión dun grupo do PSOE. Cun ideario galeguista e socialista, dispoñía dunha notable influencia social na comarca de Santiago, apoiada nunha forte infraestrutura organizativa a través da Federación Comarcal Agraria (1932-1933). Despois dos malos resultados nas eleccións de novembro de 1933, ingresou en Izquierda Republicana. En 1936, tras o triunfo do Frente Popular, produciuse un intento de recomposición, sen éxito.