uña

uña

(

  1. s f [ZOOL]
    1. Formación epidérmica de natureza córnea que protexe a superficie dorsal do extremo libre dos dedos dos mamíferos, aves, réptiles e dalgúns anfibios. Ten unha función protectora e, nalgúns casos, de defensa ou ataque, polo que se volve curva, dura e acabada en punta.

      Sinónimos: unlla.
    2. pezuño.

  2. s f
    1. Cousa que ten forma de uña.

      Sinónimos: unlla.
    2. [BOT]

      Espiña curva dalgunhas plantas.

      Sinónimos: unlla.
    3. [BOT]

      Parte inferior e xeralmente estreita dalgúns pétalos.

      Sinónimos: unlla.
    4. [ENTOM]

      Apéndice simple ou dobre da última articulación das patas dalgúns insectos.

      Sinónimos: unlla.
    5. [MAR]

      Cada unha das puntas triangulares ou piramidais dunha áncora, mediante as cales esta se crava no fondo.

      Sinónimos: unlla.
  3. uña de cabalo [PLANTA]

    Planta herbácea, rizomatosa, coas follas pecioladas, orbiculares coas beiras lobuladas e dentadas, de cor verde no anverso e reverso branco e tomentoso, flores de cor amarela dispostas en capítulos e froitos en aquenio con vilano. Florece a finais do inverno, principios da primavera, en terreos arxilosos e pouco compactos. É común na metade setentrional da Península Ibérica. Emprégase como planta medicinal polas súas propiedades emolientes, tónicas e expectorantes.

    Sinónimos: unlla.
  4. uña encarnada [PAT]

    uñeiro.

Refráns

  • O que non ten unllas, mete cuñas.
  • Unhas e outras botan a un de poutas.
  • Unllas de gato e palabras de santo.

Palabras veciñas

Umma | Umoso, pazo de | un, unha | uña | uñada | uñagata | Unam sanctam