Úrsula, santa
Úrsula, santa
(? s V?) Personaxe lendaria, filla dun rei de Britania. Cando se ía desposar co rei pagán Conan, esixiulle o bautizo en Roma. Cara a alí embarcou con dez mozas e con mil virxes cada unha delas. Na viaxe de volta foron masacradas coas frechas dos hunos, en Colonia. De aí naceu o culto e a lenda das Once Mil Virxes, moi estendidos na cristiandade occidental. Iconográficamente representouse vestida cunha túnica cinguida e un manto, cunha coroa, e coa palma do martirio ou dúas frechas e un arco (atributo persoal), un estadarte e unha barca, habitualmente coas súas compañeiras. A súa festividade celébrase o 21 de outubro.