urticáceo -a

urticáceo -a

(< lat científico Urtica)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás urticáceas.

  2. s f

    Planta da familia das urticáceas.

  3. s f pl [PLANTA]

    Familia de plantas herbáceas, da orde das de urticais, composta por herbas ou arbustos de follas simples, opostas ou alternas, xeralmente con estípulas, de flores tetrámeras ou pentámeras, hipóxinas e xeralmente unisexuais, e de froitos en aquenio. Consta aproximadamente dunhas 750 especies, a maioría naturais de zonas cálidas.

Palabras veciñas

ursulina | Ursus | Urtica | urticáceo -a | urticación | urtical | urticante