1 v
-
s
m
iséximo primeira letra do alfabeto galego, denominada uve.
-
s
m
[LING]
Grafía que representa o fonema /b/, son consonántico oclusivo bilabial sonoro, que tamén pode ser representado pola grafía b. En posición inicial absoluta ou tras as neutralizacións de /N/ e /L/, /B/ realízase como oclusivo (vaca [‘baka], envase [eŋ’base], volver [bol’ber]). No resto dos casos, fundamentalmente en posición intervocálica, presenta unha realización fricativa, tamén chamada aproximante (avó [a’βo]). En palabras patrimoniais pode aparecer en calquera das diversas posicións, xunto a unha vogal ou, raramente, formando un grupo consonántico explosivo con /ɾ/ (vaso, acivro). O galego non ten un son labiodental fricativo [v], distinto de [b] e [β], como posúen o portugués ou o francés actuais (cavalo, vinho, viver, en portugués; e cheval, vin, vivre, no francés). Pero o galego non presenta esa distinción fonolóxica, por iso se tende á distinción gráfica segundo a etimoloxía. No galego medieval as representacións ortográficas b e u (consonántica) correspondíanse coas pronuncias [b] e [β]; b procedente de -P-, -B- e -BB- latinos (abadía, bocalán, subir), e u procedente de V-, -V-, -B-, -F- e -PH- latinos (uiño, leuar, caualo). Posteriormente, coa perda desta oposición as grafías b e v representan un fonema único con dúas realizacións [b] e [β] en distribución complementaria segundo o contexto, bilabial oclusivo en posición inicial ou tras nasal, e fricativo noutras posicións, isto explica que xa nos textos galegos medievais aparezan con frecuencia grafías erradas, b en lugar de v a maioría das veces. Estas confusións aumentan a partir do s XV, pero modernamente eliminouse a distinción gráfica medieval xa que era irrelevante e restaurouse a grafía etimolóxica.