V-1
V-1
[BÉL]
Sigla de Vergelstungswaffe 1 con que é coñecida a bomba autopropulsada mediante un pulsorreactor desenvolvida polos alemáns a partir de 1942. Empregouse en 1944 para bombardear parte de Inglaterra. Tiña aspecto dun simple monoplano, cun propulsor en forma de tubo situado lonxitudinalmente e ancorado sobre o temón. A súa lonxitude era de 7,9 m e a envergadura de 5,3 m. O pulsorreactor Argus conferíalle unha velocidade de case 700 km/h. Foron construídas unhas 35.000 unidades. O lanzamento facíase coa axuda dunha catapulta e uns carrís de guía.