vacatio legis*
vacatio legis*
[DER]
Expresión latina que quere dicir ‘cesación da lei’ e que se utiliza para designar o período posterior á publicación dunha lei durante o que non é obrigatoria posto que non entrou en vigor. En España as leis obrigan pasados vinte días de seren publicadas no Boletín Oficial do Estado, se non se dispón outra cousa na mesma lei.