vacina
(< lat vaccīna)
-
s
f
[VETER]
Enfermidade infecciosa propia dos bóvidos que se caracteriza por erupcións pustulosas.
-
s
f
[MED]
Linfa procedente dalgún animal afectado por vacina e que, inxectada no organismo humano, o inmuniza contra a varíola.
-
[MED]
-
s
f
Preparado que estimula a formación de anticorpos, con que se consegue unha inmunización específica, activa e duradeira contra diversas infeccións. As vacinas poden elaborarse con xermes vivos pero debilitados (atenuados) ou mortos (inactivados), e poden conter unha toxina producida pola bacteria ou o virus ou ser vacinas biosintéticas. As vacinas denomínanse así en recordo do procedemento de Edward Jenner, que empregou a inoculación de linfa de animais infectados de varíola para evitala en seres humanos (1796).
-
vacina polivalente
acina que facilita a protección contra máis dun xerme. Entre as máis coñecidas están a vacina divalente, que inmuniza á vez contra o tétano e a difteria; a vacina trivalente, que inmuniza contra a difteria, o tétano e a tose ferina; a vacina tetravalente, que inmuniza contra a difteria, o tétano, a tose ferina e a poliomielite; e a vacina tripla vírica, que o fai contra o sarampelo, a rubéola e as papeiras.
-
s
f