val

val

(< lat valle)

  1. [XEOG]
    1. s m

      Depresión alongada na superficie terrestre percorrida, en xeral, polas augas dunha corrente fluvial. A parte superior correspóndese coa cabeceira dun río e a inferior coa desembocadura. Distínguense dous elementos: as vertentes e o fondo. Os vales contitúense como resultado da erosión; se a erosión actúa sobre o fondo, orixina gorxas e canóns, e se actúa sobre as vertentes, o val faise máis amplo. Un val pode presentar tres fases: xuventude, en que a erosión e o transporte son moi activos e o val ten, en xeral, forma de V; madurez, en que a erosión é máis activa nas vertentes e no fondo, e acumúlase unha gran cantidade de materiais arrastrados polas augas; e senectude, en que o val presenta unha modelaxe suave e a acción erosiva, a acumulación e o transporte acaban sendo practicamente inoperantes. Unha vez que acada esta fase de equilibrio todas as fases volven reiniciarse.

    2. s m

      Tipo de socalco cuxo perfil superior está formado por dúas cimas entre as que se abre unha depresión.

    3. s m

      Depresión no fondo dos océanos de grande extensión e relevo uniforme.

    4. val glaciario/en artesa

      al polo que circula ou circulou un glaciar de dimensións importantes e que deixou un perfil transversal en forma de U. Caracterízase pola existencia de pegadas de abrasión e sobreescavación provocadas pola fricción do xeo e o arrastre do material, de canais de aludes, de fondos chairos con alternancia de cubetas e de morenas.

  2. val de lágrimas [RELIX]

    Expresión sacada da Salve Regina, e en último termo dos salmos, que se utiliza na linguaxe ascética-moral para indicar a terra como lugar de sufrimento e de paso cara ao ceo.

Palabras veciñas

Vajgač | Vajrayāna | Vakaga | val | Val | Val da Morte | Val das Raíñas