valdeba

valdeba
Nome científico: [Clematisvitalba, Fam das ranunculáceas]
s f [PLANTA]

Planta leñosa, gabeadora, de ata 20 m de altura, con follas opostas, imparipinnadas, con folíolos ovais ou ovais-lanceolados, base redondeada ou en forma de corazón e beira enteira ou con grosos dentes. As flores son brancas ou verdosas, dispostas en cimas sobre un longo pedúnculo e os froitos en aquenio. Florece entre marzo e maio, e os froitos maduran durante o outono en lugares húmidos e frescos. É frecuente na Península Ibérica, principalmente nas rexións do N, e en Galicia atópase na maior parte. Emprégase tamén como planta ornamental. OBS: Tamén se denomina clemátide, herba do pobre, herba dos mendigos ou lanzoa.