vale

vale

(< valer)

  1. s m

    Papel que dá dereito a cambialo por unha cousa ou cantidade de diñeiro.

  2. s m

    Entrada gratuíta para un espectáculo.

  3. s m

    Nota asinada por unha persoa que se dá para acreditar que algo foi entregado e recibido.

  4. s m [DER]

    Documento estendido a favor dunha persoa onde se fai constar a obriga que contrae, o que asina, de pagar unha determinada cantidade dentro do prazo fixado. Ten que ser estendido á orde e debe proceder dunha operación comercial.

  5. vale real [HIST]

    Obrigación do estado cun xuro do 4% anual, emitida en 1780, durante o reinado de Carlos III de España, por suxestión de Francisco Cabarrús. Tiñan que ser aceptados polas caixas públicas e podíanse usar para todas clase de operacións, agás no pagamento de salarios e no comercio polo miúdo. A mediados so s XIX reconvertéronse noutros títulos de débeda pública.