Valedor do Pobo
Valedor do Pobo
Alto comisonado do Parlamento de Galicia para a defensa dos dereitos e liberdades comprendidos no Título I da Constitución e no Estatuto de Autonomía de Galicia. Supervisa, de oficio ou a instancia de parte, a actividade da administración da Comunidade Autónoma de Galicia e dos seus entes ou empresas públicas ou dependentes, e a da administración local nas materias competencia da Comunidade. É elixido polo Parlamento para un período de 5 anos.