Valencia Club de Fútbol

Valencia Club de Fútbol

Entidade deportiva fundada en València en 1919. Xoga os seus partidos como local no campo de Mestalla e viste camiseta branca e pantalón negro. Gañou a Liga en 6 ocasións (1942, 1944, 1947, 1971, 2002 e 2004), 6 Copas do Rei (1941, 1949, 1954, 1967, 1979 e 1999), unha Supercopa de España (1999), dúas Copas de Feiras (1961 e 1962), unha Recopa de Europa (1980), unha Copa da Uefa (2004) e dúas Supercopas de Europa (1981 e 2004).

Palabras veciñas

Valencia | València | València | Valencia Club de Fútbol | Valencia de Alcántara | Valencia de Don Juan | Valencia del Ventoso