Valeria de Limoges, santa
Valeria de Limoges, santa
Mártir. Bautizada, segundo a lenda, por san Marcial, bispo de Limoges, morreu decapitada. Segundo a tradición, colleu a cabeza entre as mans e dirixiu a vista dos verdugos ao altar, onde san Marcial estaba oficiando. Represéntase coa cabeza entre as mans. A súa festividade celébrase o 9 de decembro.