Valladares, marquesado de

Valladares, marquesado de

Título outorgado por Carlos II en 1673 a Luís Sarmiento de Valladares e Meira, Arines e Troncoso , I vizconde de Meira e cabaleiro de Santiago. A súa filla, Catalina Sarmiento de Valladares y Toledo , foi a II marquesa de Valladares, pero ao morrer sen fillos, herdou a súa curmá Bernarda Dominga Sarmiento de Valladares e Guzmán , que tamén morreu sen descendencia, polo que o título foi parar a un parente, Bieito Alonso Enríquez e Sarmiento de Valladares (1700-1757), IV marqués de Valladares. O título continuou nos seus sucesores directos ata que á morte do IX marqués de Valladares, Fernando Quiñones de León e Elduayen (1883-1918), II marqués de Alcedo, VII marqués de Mos e grande de España, que cedeu á cidade de Vigo o pazo de Castrelos, o título pasou aos descendentes de María Dores Martínez e Montenegro, filla do VII marqués, liña na que continua. Trae por armas escudo cuartelado: primeiro, xaquelado de ouro e azur, a bordura de ouro; segundo, de goles, a cruz de ouro oca e florenzada; terceiro, de goles, trece besantes de ouro postos 3, 3, 3, 3 e 1; cuarto de prata, un sarmiento de sinolple posto en barra. Ao timbre, coroa marquesal.