Valle de los Caídos, El
Monumento situado na serra de Guadarrama construído entre 1940 e 1956 segundo un proxecto de Pedro Muguruza e Diego Méndez e decorado con esculturas monumentais de Juan de Ávalos. Concibido en memoria das vítimas de Guerra Civil, foi construído por prisioneiros republicanos. Está formado por unha gran cruz de granito erixida sobre a pena de Cuelgamuros. Na rocha escavouse a basílica, cunha nave con seis capelas laterais, cruceiro e co altar maior na propia rocha. No interior atópanse as tumbas de Francisco Franco e José Antonio Primo de Rivera e, ocultas a vista do público, as de 40.000 soldados, dun e outro bando da Guerra Civil. Detrás da basílica atópase a abadía beneditina e outros edificios, como a biblioteca e a hospedaría. Pertence ao Patrimonio Nacional.