Valle-Inclán, Fundación
Valle-Inclán, Fundación
Institución constituída en Santiago de Compostela en 1997. Ten como obxectivos principais a difusión e o estudo da vida e da obra de Ramón Mª del Valle-Inclán. Promovida (1989-1997) por Alexandre Allegue Otero, foi declarada de interese cultural (1997) e galego (1999). Organizan anualmente un congreso internacional, así como xornadas para dar a coñecer a figura do literato. Edita a revista Bradomín e convoca os Premios Literarios Xuvenís.