Valonia
Valonia
Parte meridional de Bélxica, correspondente aos territorios de fala valoa ou, máis en xeral, á poboación francófona, por oposición á flamenga. Abrangue as provincias de Liexa, Luxemburgo, Namur e a parte meridional de Brabante. A capital e cidade principal é Liexa.