Van de Graaff, xerador de

Van de Graaff, xerador de
[TECNOL]

Xerador electrostático de alta tensión (ata uns 8 MV) que consiste nunha correa sen fin, que transporta as cargas eléctricas, e unha esfera condutora onde se van acumulando ditas cargas. Emprégase sobre todo como acelerador de partículas. Foi inventado polo físico estadounidense, Robert Jemison Van de Graaff (Tuscaloosa, Alabama 1901-Boston 1967).