vapor

vapor

(< lat vapōre)

  1. [FÍS]
    1. s m

      Estado gasoso dunha substancia que en condicións habituais de presión e temperatura se atopa en estado sólido ou líquido.

    2. vapor saturado

      apor dunha substancia que, nun recinto pechado, se atopa en equilibrio coa fase líquida desta.

  2. s m

    Auga en estado gasoso.

    1. s m

      apor de auga que se emprega como forza motriz

    2. barco de vapor [MAR]

      Barco que se move pola acción dunhas hélices impulsadas por máquinas de vapor. Os primeiros intentos de aplicar a enerxía do vapor de auga á propulsión de buques documéntase en 1690, cando o físico e inventor francés Denis Papin (1647-1714) propuxo empregar máquinas de vapor para mover unha embarcación mediante rodas de paletas. En 1736 o reloxeiro inglés Jonathan Hulls (1699-1758) obtivo a patente do que se considera o proxecto máis antigo dun vapor verdadeiro, aínda que o primeiro en ter éxito definitivo débeselle ao inventor James Rumsey (1743-1792).

  3. s m

    Gas dos erutos.

  4. s m

    Vertixe ou desmaio.