varíola
varíola
(< lat variola)
s
f
[PAT]
Enfermidade infectivo-contaxiosa, epidémica e de natureza vírica que se caracteriza por un período de incubación asintomático de 9-12 días, seguido dun período prodrómico de comezo súbito con febre alta, cefaleas, vómitos, convulsións, raquialxias, dispnea, taquicardia e erupción previa nas zonas de flexión. A este período, de tres días de duración, séguelle a aparición de exantema, que é de predominio centrífugo e monocíclico. A vacinación, por escarificación, efectuada ao redor dos primeiros anos e seguida de revacinacións, ata os 20-22 anos, deixa inmunizada a persoa para toda a vida. No ano 1979 a Organización Mundial da Saúde anunciou a súa erradiciación en todo o mundo.