vaselina

vaselina

(< ingl vaseline)

s f [QUÍM]

Material amorfo, case incoloro, cunha consistencia que varía coa temperatura ambiental desde unha cera translúcida ata un aceite viscoso, soluble nos medios apróticos e insoluble na auga, que se obtén por destilación fraccionada de petróleo. Está constituída fundamentalmente por unha mestura de hidrocarburos saturados e emprégase principalmente en farmacia, como vehículo para diversos fármacos e na preparación de graxas lubricantes, protectores da oxidación e repelentes de insectos.

Palabras veciñas

vasculite | vascullo | vasectomía | vaselina | Vasiliu, George | vasilla | Vaslui