Vázquez Pérez, Miguel

Vázquez Pérez, Miguel

(Vigo 1956) Ceramista. Graduado en artes aplicadas pola Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela (1980), ampliou estudos, entre outros, no Euro­pean Ceramics Work Centre de Holanda. Profesor de cerámica en divesos centros, no seu traballo emprega principalmente a terra combinada con outros materiais como o cristal, o metal, a madeira ou o formigón. As súas obras, aínda que deixen ver un mundo abstracto, están en relación directa coa realidade. Destacan Comulga si puedes (1989-1990), Cuadernavia (1993), Nomancontro (1995-1997) e, desde 1999, a serie Viricos.