Veiga, ponte
Veiga, ponte
Construción situada sobre o río Arenteiro, entre as parroquias de Ponte Veiga e Arcos (O Carballiño). Trátase dunha ponte de cantaría dos ss XIII-XIV, con dous arcos apuntados e perfil alombado. Atópase no antigo Camiño Real do Carballiño ao Irixo.