Velella
Velella
[ANIMAL]
Xénero de cnidarios mariños, da orde dos hidroideos, cuxo gastrozooide central está provisto dun pneumatóforo triangular que forma unha especie de vela. Son peláxicos e coloniais, e pódese atopar nas augas mediterráneas e atlánticas da Península Ibérica a especie V. velella.