velocidade

velocidade

(

  1. s f

    Calidade de veloz.

  2. [FÍS]
    1. s f

      Relación entre a variación que experimenta un parámetro característico dun sistema físico, xeralmente o espazo percorrido, e o tempo transcorrido para a produción desta variación. A unidade de medida da velocidade é, no SI, o metro por segundo (m/s).

    2. velocidade angular

      elocidade en que o parámetro que experimenta unha variación é o ángulo ϕ que forma o vector que representa a posición dun punto material respecto dunha dirección de referencia. A velocidade angular é unha magnitude vectorial cuxa dirección é perpendicular ao plano en que se produce a variación de ángulo. A unidade de medida no SI é o radián por segundo (rad/s), aínda que normalmente se empregan as revolucións por minuto (rpm).

    3. velocidade de escape

      Mínima velocidade que require un enxeño espacial para vencer a atracción gravitacional dun corpo macizo. A velocidade de escape desde a superficie terrestre é de 11,2 km/s, e a da superficie lunar é de 2,4 km/s.

  3. [AERON]
    1. velocidade crítica

      elocidade dun avión por debaixo da que a sustentación é insuficiente.

    2. velocidade de ascenso

      Altura en metros que gaña nun segundo un avión que segue unha traxectoria ascendente.

    3. velocidade de aterraxe

      elocidade máxima do avión que fai que a sustentación sexa insuficiente e toque a terra, na aterraxe.

    4. velocidade de seguranza

      elocidade mínima a partir da que o piloto pode manter o control absoluto do avión sobre os tres eixes.

  4. [BÉL]
    1. velocidade inicial

      elocidade que ten o proxectil ao saír da boca da arma de fogo, expresada en metros por segundo. Indícase xeralmente como v 0 .

    2. velocidade práctica/ residual/restante

      elocidade do proxectil nun punto determinado da súa traxectoria.

    3. velocidade práctica de tiro

      Número de proxectís que dispara, de media, unha arma por minuto, tendo en conta o tempo necesario para cargala.

  5. s f [ECON]

    Número de veces que unha unidade monetaria, e por extensión a totalidade de diñeiro en efectivo, se utiliza como medio de intercambio nun período determinado.

  6. velocidade de sedimentación globular [MED]

    Procedemento de diagnose que se basea na medición da velocidade de sedimentación dos eritrocitos nun tubo graduado que contén sangue tratado con anticoagulantes. Considérase normal unha velocidade de sedimentación globular de 15 mm na primeira hora para os homes, e de ata 20 mm para as mulleres, aínda que neste caso tamén se considera normal unha cifra superior durante o embarazo e a menstruación. OBS: Tamén se denomina velocidade de eritrosedimentación.

  7. velocidade radial [ASTRON]

    Proxección da velocidade dun astro sobre o eixe definido pola recta que une a Terra co astro. Por convención tómase esta proxección como negativa cando o astro se aproxima á Terra e como positiva no caso contrario.