Vendée, Guerra de

Vendée, Guerra de

Insurrección contrarrevolucionaria iniciada en Vendée en 1793. O movemento aglutinou labregos, burgueses e aristócratas realistas, e foi incitado polos sermóns dos capeláns refractarios. Os insurrectos venceron en Châtillon-sur-Sèvres e en Vihiers, pero foron derrotados en Nantes, Graville, Angers, Le Mans e Savenay. Aínda que rebrotou varias veces en anos sucesivos, en 1800 foi pacificada definitivamente por Napoleón I Bonaparte.

Palabras veciñas

vendaxe | vendedor -ra | Vendée | Vendée, Guerra de | vender | vendeta | vendíbel