Venerando/Veneranda

Venerando/Veneranda
[ONOM]

Antropónimo que procede do latín Venerandus, nome persoal latino usado só en época cristiá, correspondente ao xerundivo do verbo ueneror ‘venerar’, primitivamente ‘pedirlles aos deuses un favor ou unha graza’. O verbo veneror estaba etimoloxicamente emparentado con venus, veneris ‘amor’; e de aquí a personificación Venus, a deusa do amor.

Palabras veciñas

venerábel | venerable | veneración | Venerando/Veneranda | venerar | venéreo -a | venereoloxía