ventá

ventá

(< lat v ventāna ‘lugarpor onde pasa o vento’ < lat ventu ‘vento’)

    1. s f

      Abertura feita nunha parede para dar paso á luz e ao aire.

      Sinónimos: fiestra, xanela.
    2. s f

      Armazón de madeira ou doutro material, con vidros, que pecha esta abertura. Os exemplos máis antigos corresponderon á arquitectura exipcia e asiria. En Grecia, a construción de casas abertas arredor dun patio central xustificou a súa desaparición. En Roma eran de pequenas dimensións e estaban adornadas cun frontón e pilastras laterais. Na Alta Idade Media eran máis ben fendas pechadas ata que, na arquitectura gótica relixiosa, coa difusión do vidro, aumentaron sensiblemente o seu tamaño e adquiriron unha grande importancia no conxunto do edificio. No Renacemento servían para harmonizar o xogo de volumes e simetrías da fachada, e eran xeralmente rectangulares, coas xambas decoradas con baixorrelevos e coa parte superior coroada con motivos arquitectónicos clásicos, e no Barroco centraron gran parte da riqueza ornamental. Na arquitectura moderna predominan as superficies de cristal, con fiestras carentes de muro perimetral que se estenden por toda a fachada e que constitúen un elemento fundamental na estrutura compositiva.

      Sinónimos: fiestra, xanela.
    3. ven

      ­

    4. ventá basculante

      entá dunha folla que xira ao redor dun eixe horizontal situado na metade da súa altura.

    5. ventá corrediza

      entá que permite o escorregamento da súa folla ou follas de xeito horizontal seguindo unhas guías.

    6. ventá de guillotina

      entá que permite o escorregamento da súa folla ou follas de xeito vertical seguindo unhas guías.

    7. ventá de libro

      Ventá cuxas follas abren cara a fóra.

    8. ventá dobre

      Ventá que ten dúas follas fixadas con bisagras nun mesmo marco.

    9. ventá en acordeón

      entá que ten as follas articuladas e que abre e pecha pregándose e despregándose como un acordeón.

    10. ventá fixa

      Ventá que non se pode abrir ni pechar.

    11. ventá francesa

      entá alongada que alcanza o nivel do chan e que se abre con dúas follas como unha porta.

    12. ventá pivotante

      entá dunha folla que xira ao redor dun eixe horizontal que está situado pola metade da súa anchura.

    13. ventá veneciana/serliana

      entá que ten o van dividido en tres luces, o central maior ca os laterais. Foi dada a coñecer por Sebastiano Serlio no seu tratado de arquitectura.

    14. ventá xiratoria

      entá cuxo bastidor colga verticalmente e que se pode abrir cara a dentro ou cara a fóra.

  1. [ANAT]
    1. s f

      Abertura ou orificio que presenta unha estrutura anatómica ou un órgano.

    2. ventá oval/vestibular

      Abertura que está situada na parede interna do tímpano e que comunica con el.

  2. s f [FÍS]
    1. Intervalo de tempo, de frecuencia ou de enerxía, de extremos descontinuos, no interior do que un emisor ou un receptor teñen a máxima eficiencia.

    2. Abertura dun instrumento que está destinada a deixar pasar unha radiación e que, xeralmente, está protexida por unha lámina transparente á radiación en cuestión.

    1. ventá atmosférica [ASTRON]

      Intervalo do espectro electromagnético que contén aquelas ra­diacións que non son absorbidas ou reflectidas apreciablemente pola atmosfera dun planeta.

    2. ventá de lanzamento [COSMON]

      Intervalo de tempo durante o que pode ser lanzado un vehículo espacial para acadar a traxectoria desexada.

  3. s f [INFORM]

    Área rectangular, situada na pantalla gráfica dun monitor, que pode aparecer nun programa determinado con finalidades diversas. Existen moitos programas que traballan con ventás, que poden ser de texto, gráficas ou de contido de menús, entre outras.