ventrículo

ventrículo

(

  1. s m [ANAT]

    Cavidade anatómica pequena, principalmente as do cerebro ou as do corazón.

  2. ventrículo do cerebro [ANAT]

    Cada un dos ventrículos laterais, mediano, cuarto e quinto do encéfalo, a través dos que circula o líquido cefalorraquídeo.

  3. ventrículo do corazón [ANAT]

    Cada unha das cavidades inferiores, dereita e esquerda, do corazón, que reciben o sangue da aurícula correspondente e o envían pola arteria pulmonar aos pulmóns, e pola aorta á circulación sistémica.

  4. ventrículo larínxeo [ANAT]

    Espazo que está situado entre as cordas vocais falsas e as verdadeiras.

Palabras veciñas

ventre | ventrecha | ventricular | ventrículo | ventril | ventrílocuo -cua | ventriloquia