2 veo

2 veo

(

  1. s m

    Anaco de tecido para tapar unha cousa.

  2. s m [TÉXT]

    Tecido moi fino e pouco denso, semellante á muselina, de crespón, algodón, estame, seda ou fibras artificiais e sintéticas, xeralmente con ligado de tafetá.

  3. s m

    Aquilo que cobre ou oculta.

  4. s m [HIST/RELIX]

    Anaco de tea destinado a cubrir algún obxecto relixioso, como o suffībulum con que as vestais cubrían a cabeza durante os sacrificios ou o veo dos neófitos e das donas nos primeiros séculos do cristianismo. A liturxia cristiá conservou o seu uso no veo bautismal, de liño branco, no veo numeral, no veo nupcial das velacións, no veo do cáliz, no veo do sagrario ou conopeo e, sobre todo, no veo relixioso, que se lles impón aos monxes no rito da velación, símbolo do seu estado monacal.

  5. veo do templo/gran veo [RELIX]

    Cortina que separaba o santo dos santos do resto do edificio, no templo de Xerusalén.

  6. [ANAT]
    1. s m

      Estrutura anatómica en forma de capa.

    2. veo do padal

      Órgano musculomembranoso que presenta o lado superior fixo na parte posterior da bóveda palatina, o lado inferior libre sobre a base da lingua e os piares laterais que se xuntan coa lingua e a larinxe.

  7. s m [ZOOL]

    Repregamento contráctil anular que pecha parcialmente a subumbrela das hidromedusas e que en estado de contracción, deixa soamente un orificio para a saída do manubrio. Ten como función, ao contraerse e descontraerse, facer entrar auga na subumbrela e facela saír como método de desprazamento do animal.

  8. s m [BOT]

    Capa da hifénquima que recobre o aparato esporífero dos fungos.

Formas incorrectas

beo, brión

Palabras veciñas

venustade | venusto -ta | 1 veo | 2 veo | Veo, cabo | vepsio -sia | ver