verbasco
verbasco
(< lat verbascu)
s
m
[PLANTA]
Planta herbácea bienal, tomentosa, de ata 2 m de altura, con follas alternas, simples, as basais pecioladas, entre elípticas e ovado-oblongas, e de maior tamaño que as caulinas, que se fan máis pequenas a medida que se ascende polo talo. Ten flores de cor amarela dispostas en inflorescencias en espiga e froito en cápsula ovoide. Florece entre a primavera e o verán en lugares secos. Emprégase coma planta medicinal polas súas propiedades pectorais, emolientes e antiinflamatorias.