verbo
(< lat verbu ‘palabra’)
-
s
m
[RELIX]
Fillo de Deus, segunda persoa da Trindade. A tradición cristiá latina traduciu, a partir da Vulgata, o logos do Cuarto Evanxeo, que designaba a palabra creadora encarnada en Xesús Cristo ou palabra de Deus.
-
s
m
[LING]
Categoría gramatical que se caracteriza morfoloxicamente por posuír sufixos flexionais de número e persoa, e de tempo e modo; e sintacticamente por ser o elemento nuclear da oración, por admitir complementos e por concordar en número e persoa co suxeito da oración en que se insire. Os sufixos flexionais son a vogal temática (VT), o sufixo de modo e tempo (SMT) e o sufixo de número e persoa (SNP). As unidades que presentan sufixo de número e persoa e sufixos de modo e tempo denomínanse modotemporais e non presentan restricións distribucionais; se carecen dos morfemas mencionados denomínanse amodotemporais e, en xeral, non poden formar oracións independentes: o infinitivo (varrer), o xerundio (varrendo) e o participio (varrido). O infinitivo pode ter ademais morfemas de persoa e número (infinitivo flexionado ou conxugado: de chegares tarde, avísame) e o participio morfemas de concordancia de xénero e número. O SMT, con distintos alomorfos, recolle a indicación do modo e do tempo. Existe o modo indicativo (non sei que fago) e o modo subxuntivo (non sei que faga). Os tempos do modo indicativo son o presente (IPte: a música amansa as feras; chego mañá ás seis), o copretérito (Copr: cando cheguei choraba pola nai; díxome que saía mañá para Cuba), o pretérito (IPr: apañou os grelos; tardan tanto que cando cheguen xa acabou a obra), o antepretérito (Antpr: antes de dicir iso falara da vida noutros planetas; quixera preguntarlle a súa opinión), o futuro (IF: cantará en Roma; terán 15 anos) e o pospretérito (Pospr: dixo que chegaría cedo; daquela andaría polos 40). No subxuntivo existen catro tempos, o presente (SxPte: posiblemente o faga), o imperativo (Imp: faino agora), o futuro de subxuntivo (SxF: como sementares e estercares, así collerás cando segares) e o pretérito de subxuntivo (SxPr: díxolle que andase). Distínguense distintas clases de verbos atendendo ás relacións combinatorias ou sintagmáticas segundo o número e tipo de constituíntes que requiren (clases sintácticas), ao significado do tema e ás súas combinacións con outras unidades (clases semánticas) ou ás variantes de expresión dos sufixos flexivos e do tema verbal ao se combinaren entre si na palabra (clases morfolóxicas). Así, como núcleo da oración, o verbo combínase cos demais constituíntes, que o completan en distintos sentidos. Segundo as diferentes combinacións sintagmáticas, os verbos clasifícanse tradicionalmente en verbos copulativos, aqueles que carecen de significado léxico e precisan dun atributo, que lle achega o contido predicativo (É intelixente. Moraima segue anoxada. A túa idea parece excelente); impersoais, aqueles que carecen de suxeito (Pola noite choveu moito); transitivos, aqueles que se constrúen con complemento directo (Breogán ofreceume un vaso de auga); intransitivos, aqueles que exclúen o complemento directo (Marchou rápido porque quería chegar antes das nove); pronominais, aqueles que na súa construción precisan dos pronomes me, nos, te, vos, se (Non me atrevín a dicirlle nada). Polo seu significado, hai que distinguir a estreita relación entre o significado do verbo e as funcións semánticas que desempeñan os constituíntes oracionais; así, entre os acontecementos expresados polo verbo é importante distinguir accións, procesos, estados e posicións. Outras clases, como as de verbos de “sentido” (ver, sentir, oír…) ou “causativos” (facer…) teñen relevancia no comportamento dos pronomes persoais, así como a teñen no comportamento do modo verbal os “volitivos” (querer, desexar…) ou os que expresan “estados de ánimo” (lamentar, alegrarse …). Ademais o propio tema verbal pode achegar acepcións aspectuais, expresadas polas unidades temporais do verbo. Así, por exemplo, segundo que a acción expresada polo verbo sexa máis ou menos “durativa” o copretérito (Antes ía con meu pai) e o indicativo presente poden ter valor aspectual “repetitivo” (Bebe leite). Atendendo á súa conxugación, os verbos segméntanse en tema e sufixos flexionais: o tema está constituído pola raíz ou radical (R) (and-a-r) e a vogal temática (VT) (and-a-r). Na raíz tamén se distingue a vogal radical (VR): a- en ard-er ou -ε- en quec-er. A realización dos sufixos flexivos e do tema verbal non é igual en todos os verbos, senón que se reparte en variantes distribucionais contextuais determinadas, que se agrupan en clases mórficas diferentes: a) segundo as variacións da vogal temática, os verbos clasifícanse en primeira conxugación, con
-
s
m
[LING]
ariedade lingüística especial que se emprega nun oficio, sobre todo nos tradicionais, como no dos canteiros, paraugueiros, cesteiros, etc, e que se utiliza para diferenciarse e afirmarse como grupo, así como para evitar ser comprendidos polos demais. Por exemplo, a verba dos arxinas ou verbo dos canteiros, a xerga dos canteiros e picapedreiros pontevedreses (cricañola ‘tixola’, falpilaxe ‘roupa’, estadulla ‘cunca’) ou o verbo dos daordes ou xerga dos telleiros (cabaqueiros), empregada polos telleiros da Guarda (chavisca ‘chave’, fuza ‘barba’, gañarra ‘augardente’).
Sinónimos: verba.
Frases feitas
-
Verbo de loc prep No relativo a.