Verdes, pazo de
Verdes, pazo de
Construción situada en Sistallo (Cospeito). Ten dúas alturas e planta en forma de U. A fábrica é de cachotaría con partes revocadas e con cantaría nos ocos; o tellado é de lousa. Destaca a escaleira exterior que dá a un balcón corrido e a capela, situada nunha das ás do edificio.