verismo
(< lat vēru ‘verdadeiro’+ -ismo)
-
s
m
[LIT]
Movemento literario que se difundiu en Italia durante o último decenio do s XIX e que tivo como modelos europeos o realismo ruso e inglés, e o naturalismo francés. Contribuíron a determinar os caracteres xerais da ideoloxía positivista, que opoñía ao elemento romántico-pasional a descrición científica da realidade, e a urxencia con que se impoñía, en toda Europa, a cuestión social. Luigi Capuana foi o teórico, e Giovanni Verga o seu representante máis destacado.
-
s
m
[MÚS]
Escola musical italiana xurdida no eido da ópera contra 1890, como resultado dunha evolución iniciada xa por Verdi, Boito e Ponchielli, pero manifestada por Pietro Mascagni, con Cavalleria rusticana, e Ruggero Leoncavallo, con I Pagliacci. Propugnaba o realismo escénico: supresión da abertura, numerosas personaxes episódicas, acción contemporánea -ou ben do s XVIII-, a utilización do intermezzo orquestral, “teatro dentro do teatro”, etc. Tiña como figura principal a Giacomo Pucini, seguido por U. Giordano, F. Cilea, F. Alfano e R. Zandonai. Fóra de Italia, o autor que máis influencia recibiu do verismo foi Jules Massenet.