verme

verme

(

  1. [ANIMAL]
    1. s m

      Animal invertebrado non artrópodo, celomado, co corpo longo e delgado, de forma cilíndrica a miúdo segmentado, brando e xeralmente contráctil.

    2. verme intestinal

      Calquera verme que vive no intestino humano, en particular a lombriga (Ascaris lumbricoides) e o oxiúro (Enterobius vermicularis).

  2. s m pl [ANIMAL]

    Grupo heteroxéneo de animais metazoos triploblásticos que non son nin artrópodos nin vertebrados. Este nome foi dado por Linné a animais tan distintos como equinodermos, moluscos, briozoos, platihelmintos ou anélidos. Xa non se recoñece como grupo, xa que as semellanzas non se deben a afinidades filéticas.

  3. [ENTOM]
    1. s m

      Insecto en fase larval ou insecto que en estado adulto conserva o aspecto de larva.

    2. verme da seda

      Eiruga do lepidóptero Bombyx mori, que se cría para obter a seda coa que fabrican os casulos onde se reclúen durante o estado de crisálida. Os vermes da seda nútrense sobre todo de follas de moreira branca.

Frases feitas

  • Arrastrarse coma un verme Comportarse alguén dunha maneira baixa e servil.

  • Matar o verme Comer ou beber un pouco en xaxún ou fóra de comidas para facer pasar a gana.

  • Ter vermes Agardar polo resultado dalgunha cousa.