vermello -lla
vermello -lla
(< lat vermicŭlu ‘vermepequeno’, do que se obtén materia colorante vermella)
-
-
adx
Que é da cor do sangue arterial.
-
s
m
[FÍS]
Cor do espectro solar, que se sitúa nun extremo deste, xunto ao laranxa, e cuxas lonxitudes de onda están comprendidas entre 6.220 e 7.000 Å.
-
adx
-
adx e s
[HIST/POLÍT]
Aplícase aos revolucionarios e máis especificamente aos militantes socialistas ou do movemento obreiro. Expresión cuñada no s XIX, foi usada a miúdo como sinónimo de comunista, sobre todo polos sectores conservadores ou reaccionarios.
-
vermello Congo
[QUÍM]
Colorante azoico que presenta coloración vermella en medio alcalino. Utilízase para tinguir o algodón, pois foi o primeiro colorante sintético que se empregou para tinguir directamente esta fibra, e en análises químicas serve como indicador ácido-base.
Refráns
- Home vermello e muller barbuda, de lonxe os saúda.