Verónica
Verónica
[ONOM]
Antropónimo feminino que provén da deformación de Berenice, nome que nos Evanxeos se lle dá á filla de Xairo, resucitada por Xesús, a través de Veronice, variante de Verenice, forma posclásica do nome bíblico. Pénsase que é un nome macedónico, de moda na época de Alexandre Magno e correspondente ao grego Pherenike ‘a que leva á vitoria’.