vértebra

vértebra

(< lat vertĕbra)

s f [ANAT]

Cada unha das pezas óseas que envolven ou substitúen a notocorda dos vertebrados e forman, en conxunto, un eixe óseo, denominado columna vertebral. Cada vértebra consta dun corpo vertebral, un par de proxeccións dorsais que se unen posteriormente para formar un arco neural, por onde pasa a medula espiñal, unha apófise espiñosa e un par de proxeccións ventrais. Nos vertebrados inferiores, peixes e anfibios, e na cola dos réptiles e dos mamíferos, as proxeccións ventrais únense para formar o arco hemal, por onde pasan os vasos sanguíneos.

Palabras veciñas

2 verso | versor | versta | vértebra | vertebrado -da | vertebral | vertebrar