vertente
vertente
(< verter)
-
s
f
[XEOG]
Costeiro que, nun val, une a vagoada e a carena. O interfluvio está constituído por dúas vertentes, separadas ou non por unha superficie chá nos fondos do val. O aspecto das vertentes depende da estrutura e da composición litolóxica do terreo e tamén, dun xeito especial, do clima e da vexetación.
-
s
f
Cada un dos lados inclinados dun tellado que verten as augas en distintas direccións.
Sinónimos: auga. -
s
f
Corrente ideolóxica ou punto de vista respecto a un asunto.