Vertumno

Vertumno
[MIT]

Deus dos etruscos, venerado en Volsinii (actual Bolsena), asociado probablemente con Voltumna, en cuxo santuario se reunía a confederación das doce cidades etruscas. Destruída Volsinii (264 a C), o culto pasou a Roma, onde lle foi dedicado un templo no Aventino. Personificaba a idea do cambio e atribuíaselle o don de adoptar as formas que quixera.

Palabras veciñas

vertisol | vertixe | vertixinoso -sa | Vertumno | veru montanum* | Verviers | Vervins, Paz de