Vésperas Sicilianas
Vésperas Sicilianas
    
    
            
        
        
        
        
        
            
    
            Alzamento popular siciliano que tivo lugar en 1282 contra Carlos I de Nápoles, debido aos seus abusos e opresións sobre os súbditos. Os sicilianos ofrecéronlle a coroa a Pedro III de Aragón, que despois de intervir militarmente na illa, pasou a reinar como Pedro I de Sicilia (1282-1285). O conflito, porén, non rematou ata 1302, coa sinatura da Paz de Caltabellota.
